SIVSA desenvolverá o sistema de xestión de axudas da Dirección Xeral de Patrimonio Natural
martes, 27 de novembro do 2018
A
empresa galega SIVSA vén de anunciar un novo e importante proxecto
para o sector público que sumar aos máis recentes despregados para
o Concello de Lugo (a
plataforma tecnoloxía para dar forma e impulsar os orzamentos
participativos) ou para a Consellería de Cultura e Educación
(os
máis de 5.000 novos portátiles para os colexios de Abalar). O
proxecto dado a coñecer consiste nun contrato de servizo para a
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Trátase
dun novo sistema de xestión integral das axudas que tramita a
Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
Segundo
fai saber a empresa con sede en Vigo, a aplicación incorporará un
motor lixeiro de Business Process Management (BPM) que
permitirá deseñar os fluxos de traballo relativos á tramitación
das devanditas axudas e xestionar e facer seguimento do estado dos
expedientes e dos procesos da entidade autonómica. SIVSA engade que
“contará ademais cun módulo de reporting que permitirá
xerar informes periódicos ou específicos, en función das
necesidades da institución”.
Este
novo contrato, formalizado en setembro a través da Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), inclúe tamén o
soporte técnico e o mantemento da aplicación, e conta cun prazo de
execución de 12 meses e un orzamento total de 106.249,80 euros.