SIVSA, galardoada polos informáticos asturianos
venres, 11 de xaneiro do 2019
A
galega SIVSA, referente tecnolóxico na nosa terra (creadora de
pioneiras plataformas como Fenix
e Geenie),
vén de obter un novo recoñecemento ao seu labor en materia de
desenvolvemento. A distinción, desta volta, veu da man dos Colexios
Oficiais de Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos en Informática de
Asturias (COIIPA e CITIPA), que
concederon o Accésit Premio Impulso TIC aos proxectos DevOps nos que
SIVSA traballa conxuntamente con IECISA e Ricoh. O galardón
entregouse na máis recente edición dos Premios Impulso TIC (PiTIC)
2018 que convocan as ditas entidades profesionais.
Os
proxectos galardoados teñen por obxectivo a mellora e optimización
dos procesos de desenvolvemento, mantemento e operación dos sistemas
software da Administración do Principado de Asturias, unha
iniciativa que foi encargada pola Dirección Xeral de Tecnoloxías da
Información e as Comunicacións do Principado.
Recolleu
a distinción Alexander Mateos, que asistiu en representación de
SIVSA ao acto de entrega dos premios Impulso TIC, que se celebrou o
pasado 14 de decembro en Siero.
Os
Premios Impulso TIC, que contan con cinco categorías (Empresa,
Social, Educación, Ámbito Local e Mención Especial), son
impulsados polos devanditos colexios oficiais para recoñecer
aqueles proxectos que destacan polo seu fomento do uso do TIC en
diferentes áreas.