SIVSA renova o mantemento dos proxectos de xestión pesqueira de Galicia
luns, 25 de maio do 2020
A
empresa
galega SIVSA, referente no ámbito TIC, vén de resultar novamente
adxudicataria do servizo de mantemento dos proxectos de xestión
pesqueira de Galicia. En concreto, a través deste contrato
realizará para a axencia AMTEGA (Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia) labores de desenvolvemento evolutivo e de
soporte de sistemas de información para as iniciativas de xestión
ligadas á promoción e á mellora da comercialización e
rastrexabilidade dos nosos produtos do mar.
Con
esta adxudicación darase continuidade ao soporte e ao mantemento
realizado durante os últimos anos nos proxectos AVEMAR, centrado en
autorizacións de primeira venda de produtos pesqueiros e acuícolas;
FEIMAR, destinado á xestión de eventos feirais; REXBUQ, dirixido ao
rexistro de buques de Galicia; OPPGA, para a xestión de
organizacións de produtores; así como o sistema de rastrexabilidade
da marca de calidade PescadeRías, de onde se non?,
actualmente xestionados xa pola compañía TIC con sede en Vigo.
O
novo contrato de SIVSA, con duración até o 30 de novembro de 2021,
conta cun importe de máis de 785.000 euros, e poderase prorrogar por
un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.
A
compañía TIC lembrou que coa nova adxudicación “consolidamos a
nosa posición como provedores tecnolóxico de referencia da AMTEGA
para atender proxectos no ámbito funcional da Consellería do Mar e
ofrecer solucións pioneiras para o sector”.