Sada acolle en outubro cursos de iniciación á Rede, á fotografÃa dixital e á blogosfera
venres, 25 de setembro do 2009
Logo da pausa formativa do verán, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información volve cun programa de actividades amplo e variado, malia que a columna vertebral dunha boa parte do programa siga a ser, como é natural, a Sociedade do Coñecemento. Un exemplo disto é a achega do Centro de Sada para o vindeiro mes de outubro: obradoiros para ir dando primeiros e (tamén) segundos pasos nisto de tirarlle partido ás vantaxes do dixital, que son moitas. Para comezar, o programa ábrese con Iniciación á fotografÃa dixital, actividade dirixida a introducir aos usuarios do Centro no manexo básico dunha cámara: como obter imaxes, como pasar as fotos ao computador ou facer retoques básicos ás fotografÃas. Este obradoiro dará comezo o luns 28 de setembro para rematar o venres desa mesma semana, o 2 de outubro, tendo horario matinal: de 9 a 11 horas.
De seguido, está previsto tamén o curso Iniciación á informática, unha proposta que como o seu nome indica vai dirixida a conseguir que a persoa que participe sexa quen de empregar con soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas) e funcionalidades que ofrece un computador, neste caso en concreto un equipo con sistema operativo libre.
Esta actividade desenvolverase do 5 ao 9 de outubro en dúas quendas, de 9 a 11 horas a primeira e de 18:30 a 20:30 a segunda; ámbalas dúas de luns a venres.
Polo que respecta ao obradoiro Iniciación á creación de blogs, dicir que as/os inscritas/os neste curso acadarán as competencias necesarias para crear e manter o seu propio caderno persoal na Web (blog). Constará de 8 horas de formación, a desenvolver do 13 ao 16 de outubro, de 9 a 11 horas.
O programa continúa logo con Iniciación á mensaxeirÃa instantánea, actividade para introducir á veciñanza nas vantaxes do programa Pidgin, unha ferramenta para comunicarse en tempo real e que se basea no uso da palabra escrita. Desenvolverase en horario de 18.30 a 20.30 horas, do 13 ao 15 de outubro.
Uns dÃas máis adiante, do 19 ao 22 de outubro, celebrase Iniciación á Internet, curso dirixido a achegar recursos básicos para o manexo da Rede: aplicacións, ferramentas de uso fundamental, etc. Haberá dúas quendas, de mañá e tarde, de 9 a 11 horas e de 18.30 a 20.30.
Máis adiante e para quen non tivese ocasión de familiarizarse coas sesións sobre fotografÃa, dicir que haberá unha segunda oportunidade. O curso Iniciación á fotografÃa dixital volverá do 26 ao 30 de outubro, pola mañá, de 9 a 11 horas.
Coa actividade Procesador de textos: Writer preténdese que o/a usuario/a sexa quen de crear e modificar un documento de texto empregando a ferramenta OpenOffice Writer. Este obradoiro desenvolverase entre o 26 e o 30 de outubro, de luns a venres, de 18:30 a 20:30 horas.
Ademais, está prevista a realización da charla DNI electrónico e Administración Electrónica, o dÃa 23 de outubro, ás 19 horas, consistindo a actividade nunha exposición verbo da natureza de tal documento e máis as súas aplicacións prácticas.
