Samsung comercializa o seu UMPC Q1 Ultra

luns, 23 de xullo do 2007 Marcus Fernández

En marzo de 2006 Samsung puxera á venda o seu ordenador ultraportátil Q1, de só 777 gramos de peso e unha pantalla de 7 polgadas na que se acadaba unha imaxe de 800 x 480 píxeles, e agora anuncian a súa segunda xeración de UMPC co seu Q1 Ultra, que reduce o seu peso ata os 690 gramos (e o seu ancho ata os 23,9 mm.) e mellora a súa resolución de pantalla ata os 1.024 x 600.
O reducido ordenador incorpora teclado QWERTY, videocámara e GPS (opcional), funciona co sistema operativo Windows Vista Home Premium e non conta só con Wi-Fi, Bluetooth e porto LAN, senón que tamén é compatible coa tecnoloxía móbil de transmisión de datos HSDPA, polo que é unha auténtico monstro da Internet móbil que pode funcionar ata 3,5 horas cunha batería estándar e ata unhas 7 horas cunha batería de longa duración.
O Samsung Q1 Ultra xa está á venda en España a un prezo de 1.199 euros.

PUBLICIDADE