Samsung desenvolve unha solución para paliar a hiperacusia
venres, 31 de marzo do 2023
Dentro do programa
TecnologÃa con propósito de Samsung
está a desenvolverse o proxecto Unfear co obxectivo de mellorar o dÃa a dÃa
das persoas con autismo minimizando as molestias que poidan ocasionar os
ruÃdos. Conscientes da importancia do volume dos sons nalgunhas persoas con
autismo, Samsung está a traballar nunha solución baseada en intelixencia
artificial que silencia tanto os ruÃdos externos (alteracións e ruÃdos ambientais)
como os ruÃdos ou alteracións no contido que se reproduce nos auriculares a
través dun smartphone.
A
aplicación de Unfear xa está dispoñible para descargar da tenda de aplicacións
de Google Play, e pode empregarse en móbiles con Android 10 ou superior xunto
con auriculares Samsung Galaxy Buds2 Pro (que contan con son de alta fidelidade
e cancelación de ruÃdo activa), de xeito que o usuario pode gozar da redución
de ruÃdos como as sereas, o metro, as obras na rúa, os ladridos dos cans, os
laios dos nenos... reducindo asà a molestia que poden provocar especialmente en
persoas con trastorno do espectro autista.
Unfear conta con múltiples modalidades, para adaptarse a distintos tipos de
hipersensibilidade auditiva: modo sons externos (elimina sons molestos), modo
concentración (cancela todo son externo até que o usuario fale), modo contido
móbil (reduce o estrés acústico que poden provocar os sons reproducidos no
móbil), modo calma (con só premer un botón reproduce un son precargado para
axudar a que o usuario se relaxe ante unha posible crise) e botón SOS (chama a
un contacto de emerxencia).