Samsung incorpora compatibilidade con nVIDIA G-SYNC nos seus televisores OLED 2025
venres, 23 de maio do 2025
Samsung Electronics vén de anunciar que a súa nova xeración de televisores OLED para 2025 será compatible coa tecnoloxÃa nVIDIA G-SYNC, proporcionando unha experiencia de xogo ultrafluÃda, con baixa latencia e maior capacidade de resposta, pensada para satisfacer os xogadores máis esixentes. A compatibilidade con nVIDIA G-SYNC estrearase no modelo insignia da gama, o Samsung S95F, e posteriormente chegará a outros modelos OLED de 2025.
Esta compatibilidade permite sincronizar a taxa de refresco do televisor coa velocidade de fotogramas da GPU, reducindo fenómenos como o tearing ou o stuttering e garantindo unha visualización fluÃda. A tecnoloxÃa Motion Xcelerator de Samsung, que admite ata 165 Hz, reforza aÃnda máis esta experiencia, asegurando imaxes nÃtidas mesmo nas escenas máis trepidantes.
Estas tecnoloxÃas son bastante frecuentes en monitores gaming, pero o feito de que se integren en televisores de alta gama é unha grande nova para os usuarios que queiran gozar dunha grande experiencia de xogo en pantalla grande no salón do fogar.
A nova gama tamén admite AMD FreeSync Premium Pro, asegurando unha ampla compatibilidade con diferentes GPU e unha sincronización adaptativa excelente. Entre outras funcións orientadas ao xogo destacan o Auto Low Latency Mode (ALLM), que minimiza o retardo de entrada, e o Samsung Gaming Hub, que permite acceder directamente a plataformas de videoxogos baseadas na nube e consolas como Xbox ou nVIDIA GeForce NOW.
Como novidade destacable, introdúcese o modo AI Auto Game Mode, que analiza en tempo real o tipo de xogo e as escenas para axustar automaticamente os parámetros de imaxe e son, evitando a necesidade de configuración manual. Ademais, a Game Bar permite acceder rapidamente aos axustes principais sen interromper a partida.
Aparte do gaming, os novos OLED 2025 tamén están deseñados para ofrecer unha experiencia cinematográfica e de fogar conectado de alta gama, grazas a funcións como AI Upscaling, pantalla Glare Free e integración con SmartThings.
