Samsung levará as funcións de IA a dispositivos de alta gama do ano pasado
xoves, 22 de febreiro do 2024
Samsung anunciou hoxe que as caracterÃsticas de intelixencia artificial que estrearon coa familia de móbiles Samsung Galaxy S24 van chegar a novos dispositivos Galaxy a través da actualización One UI 6.1. Concretamente os dispositivos que poderán gozar da Galaxy AI serán os Galaxy S23, o Galaxy S23 FE, o Galaxy Z Fold5, o Galaxy Z Flip5 e a tableta Galaxy Tab S9 a partir de finais de marzo.
Entre as funcións que chegarán aos móbiles indicados está o Chat Assist que permite axustar o ton das mensaxes e traducilas a 13 idiomas diferentes; a tradución en tempo real mediante Live Translate (que incluso permite traducir chamadas telefónicas); con Interpreter os usuarios poderán conversar noutro idioma cando viaxen; poderán axilizar as buscas sobre o que teñen en pantalla coa función Circle to Search de Google; co Note Assist teñen facilidades para tomar notas; o Transcript Assist permite transcribir xuntanzas (podendo xerar resumos e traducións das mesmas; e incluso contarán coa función Browsing Assist (capaz de resumir as novas que visitemos co navegador web).
Galaxy AI tamén achega funcións para as imaxes e o vÃdeo, como Generative Edit (para redimensionar, reposicionar ou realiñar fotografÃas de xeito doado); Edit Suggestion (que permite mellorar as fotografÃas dun xeito áxil e doado); e con Instant Slow-mo poden xerarse fotogramas adicionais para crear vÃdeos a cámara lenta de certa calidade sen que fosen filmados empregando tal opción de cámara.