Samsung permitirá que os seus dispositivos reciban pagamentos por NFC

martes, 15 de outubro do 2019 Marcus Fernández

Samsung Electronics anunciou hoxe un acordo de colaboración con Mobeeware para desenvolver un sistema de aceptación de pagamentos por NFC en dispositivos móbiles, que botará a andar en Canadá nunha experiencia piloto a través da que usuarios de tarxetas bancarias contactless, Apple Pay, Samsung Pay e Google Pay poderán realizar pagamentos empregando como terminal de punto de venda (TPV) un dispositivo de Samsung con NFC.
Este novo servizo pode resultar oi práctico para pequenos negocios ou comercios itinerantes, que poden así aceptar pagamentos electrónicos sen ter que contar cun TPV de seu, precisando unicamente dun dispositivo móbil de Samsung con NFC e dunha aplicación móbil na que darse de alta para poder aceptar pagamentos.

PUBLICIDADE