Samsung pon á venda un smartphone económico con 6 anos de actualizacións
martes, 19 de novembro do 2024
Hai pouco máis dun mes dimos conta do inicio da distribución europea do Samsung Galaxy A16 5G, un smartphone de gama de entrada que como grande novidade conta coa promesa de recibir actualizacións de seguridade até o 30 de novembro de 2030, o que é toda unha garantÃa para quen desexa un teléfono funcional a longo prazo.
Para facer este dispositivo aÃnda máis accesible, vén de chegar a España o Samsung Galaxy A16 LTE, ou sexa, unha versión con conectividade 4G, o que permite axustar o prezo até os 199 euros.
Ambos modelos contan cunha pantalla Full HD+ Super AMOLED de 6,7 polgadas cunha velocidade de refresco de 90 Hz, procesador de 8 núcleos, 4 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 1,5 TB de capacidade, cámara traseira tripla cun sensor principal de 50 MpÃxeles, Bluetooth 5.3, NFC e unha xenerosa baterÃa de 5.000 mAh, o que permite unha boa autonomÃa.