Samsung presenta novos monitores curvos para gamers

luns, 29 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Os xogadores para PC están a ser os causantes de boa parte dos avances que se producen nos monitores informáticos, xa que demandan tecnoloxías de imaxe cada vez mellores, e que co tempo rematan chegando ao grande público, e para demostrar que atenden a este mercado de grande pulo Samsung levará nos vindeiros días á feira IFA de Berlín os seus novos monitores curvos para gamers CFG70 (de 24 e 27 polgadas) e CF791 (de 34 portadas).
Estes novos monitores para gamers non só serían curvos, senón tamén quantum dot, ou sexa, que achegarían unhas cores moi brillantes, e unha grande luminancia, que conseguiría ofrecer un maior nivel de realismo, algo que agradecen especialmente os xogadores máis esixentes, e que até o momento Samsung reservaba aos seus televisores de ultra alta definición.
O Samsung CFG70 sería un monitor curvo cunha velocidade de refresco de 144 Hz e un tempo de resposta de 1 milisegundo (converténdose no primeiro monitor curvo en conseguir tal), mentres que o CF791 presumiría de ser o monitor para gamers máis curvado do mercado, cunha velocidade de refresco de 100 Hz e AMD FreeSync, á vez que tamén ten un formato de pantalla de 21:9 (ou sexa, ultrapanorámico) e unha ergonomía única grazas ao seu soporte axustable verticalmente.

O Samsung CF791 é un monitor que achega unha experiencia de cine aos xogadores de PC

PUBLICIDADE