Samsung presenta o Galaxy S25 FE

xoves, 4 de setembro do 2025 Marcus Fernández

Esta mañá Samsung presentou oficialmente o Galaxy S25 FE, teléfono móbil que busca achegar as funcionalidades insignia da marca a un público máis amplo. Incorpora One UI 8, que facilita o uso de ferramentas como Gemini Live, Now Bar e Circle to Search con Google, permitindo desde conversas visuais en tempo real ata buscas contextuais sen interromper a actividade do usuario. Samsung comprométese a ofrecer sete anos de actualizacións de sistema operativo e seguridade, reforzando a confianza no dispositivo.
O sistema de cámaras traseiras do Galaxy S25 FE representa un salto cualitativo dentro da gama accesible de Samsung. A cámara principal, de 50 Mpíxeles, incorpora estabilización óptica de imaxe e unha apertura ampla que permite capturar escenas con gran detalle, mesmo en condicións de pouca luz. Complementándoa, a lente ultra gran angular de 12 Mpíxeles ofrece un campo de visión de 123 graos, ideal para paisaxes ou tomas grupais, mentres que o teleobxectivo de 8 Mpíxeles permite achegamentos reais grazas ao zoom óptico de tres aumentos, tamén estabilizado.
O dispositivo tamén conta cunha cámara frontal de 12 Mpíxeles mellorada e o motor ProVisual Engine, que permite capturar selfies de alta calidade e realizar edicións avanzadas mediante intelixencia artificial.
Funcións como Nightography, Super HDR en vídeo e o asistente fotográfico permiten ao usuario capturar e transformar imaxes con calidade profesional directamente desde o móbil.
En canto ao rendemento, o Galaxy S25 FE está equipado cun procesador Exynos 2400 cunha cámara de vapor un 10 % maior que o modelo anterior para unha mellor xestión térmica. Tamén conta con 8 GB de RAM, 128/256/512 GB de almacenamento, pantalla Dynamic AMOLED 2X de 6,7 polgadas con frecuencia de actualización de 120 Hz proporciona e batería de 4.900 mAh ten carga rápida por cable de 45 watts.
O smartphone está dispoñible en catro cores (azul mariño, azul glacial, negro intenso e branco), con almacenamentos de 128 GB, 256 GB e 512 GB e prezos que oscilan entre os 759 e os 939 euros.

O novo smartphone chega en 4 cores distintas

Vídeo de presentación do Samsung Galaxy S25 FE