Samsung presenta un móbil con pantalla táctil

martes, 12 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Samsung vén de presentar en Corea do Sur o seu novo terminal de telefonía móbil SGH-E890, que conta cunha pantalla táctil de 2,3 polgadas e con funcións de reprodución musical (soportando ficheiros MP3, AAC e WMV).
O novo terminal ten 54 Mb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD, unha cámara de 1,3 Mpíxeles, saída de televisión, soporte de Bluetooth 2.0 e conectividade GPRS/EDGE. A súa batería chega ás 350 horas en espera e 230 minutos en conversa.
O móbil mide 99 x 49 x 14,6 mm e pesa só 82 gramos.

PUBLICIDADE