Santiago acolle o dÃa 15 unha xornada a nivel europeo sobre e-administración para as empresas
venres, 9 de febreiro do 2007
A administración electrónica non é aÃnda unha realidade. Queda moito por facer, e hai un gran descoñecemento sobre o que vai significar para a cidadanÃa e as empresas o feito de que a súa relación coas institucións públicas pase do presencial ó virtual, ou sobre como influirá na vida das comunidades que haxa gobernantes que se poñen a disposición dos cidadáns na Rede, e para o que faga falla. Dende logo, o ideal (o que serÃa aconsellable) serÃa que se camiñase cara á implicación. Dito doutro xeito: cara á participación activa da cidadanÃa nos procesos democráticos e cara o desenvolvemento de aldeas, vilas e cidades grazas a esa implicación. Mentres tanto, só queda preparar o camiño, deseñar proxectos e reflexionar. Isto é en liñas xerais o que se pretende facer na BizPoint: Conferencia Internacional sobre Xanelas Únicas Empresariais, Administración de cara as Empresas (A2B) e Apoio a Empresas que se vai celebrar en Santiago de Compostela o vindeiro 15 de febreiro, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela. A xuntanza, que está organizada polo proxecto europeo ICHNOS (Innovation and Change: Network of One-Stop Shops), vai dirixida a reunir nun mesmo escenario ás principais institucións e expertos en xanelas empresariais, administración cara ás empresas e apoio a emprendedores.
A raizame da reunión, e unha das súas principais razóns de ser, está na aprobación das directivas europeas que requiren ós paÃses membros que creen servizos de tramitación empresarial máis eficaces e rápidos (esta aprobación require, polo tanto, que os axentes implicados procuren fórmulas para cumprir con eses obxectivos). Na xornada tocaranse temas como:
· As experiencias de xanelas únicas empresariais en Europa.
· As claves da tramitación electrónica das empresas coa administración.
· Como se constituirán as empresas do futuro?
Cómpre subliñar que o proxecto ICHNOS é unha iniciativa posta en marcha en marzo de 2005 e que ten o seguinte alicerce: a habilitación de xanelas únicas ou puntos de acceso únicos empresariais representa, en moitas rexións, un instrumento clave para promover o desenvolvemento local.
