Santiago aposta pola iluminación intelixente na substitución integral do alumeado do concello
mércores, 31 de maio do 2023
En
Santiago
comezaron este mes de maio os traballos para substituÃr os máis de
30.000 elementos lumÃnicos do concello que pasarán a ser LED.
Concretamente, a primeira zona en renovar a iluminación pública foi
a rúa do Hórreo, dando cumprimento ao compromiso adoptado polo
Goberno local coa asociación de comerciantes Somos Hórreo. Ao longo
dos vindeiros meses procederase a trocar os restantes elementos por
luminarias LED intelixentes, que, nas zonas rurais virán acompañadas
dun sistema de telecomunicacións 5G que permitirá coñecer en tempo
real o estado de cada un dos farois e actuar de xeito inmediato no
caso de incidencias.
Estas
melloras permitirán un aforro económico anual estimado dun millón
de euros, xa que se espera que o consumo enerxético diminúa en máis
dun 70%, informou o Concello, que tamén contemplou a ampliación da
rede en preto de 2.000 novas luminarias para puntos que se acordarán
coas asociacións veciñais, pensando sobre todo en zonas sen luz do
rural e nos barrios.
O
proxecto adxudicado á UTE Ferrovial Construcción S.A. e ENDESA X
Servicios S.L., será executado no seu 95% con provedores locais e
suporá a contratación dunha vintena de operarios preferentemente do
termo municipal de Santiago, que tamén se ocuparán dos labores de
mantemento.