Seudo-pistoleiros na Wii

xoves, 12 de abril do 2007 Raquel Noya

Aparello ben traballado” para algúns e “anaco de plástico inútil” para outros, o Sharp Shooter de Joytech non pasa desapercibido alá por onde queira que vai e esperta opinións de todo tipo (ó igual que a consola para a que foi feito, a Wii, que polo visto gusta moito na comunidade gai). O certo é que este accesorio de Joytech é un sinxelo trebello de plástico (niso levan razón os de Ecetia) no que encaixa á perfección o Wiimote e o Nunchuk, creando unha práctica e lixeira pistola que, aínda que non é dunha asombrosa calidade, polo menos vai suplindo a falta doutros dispositivos deste tipo que melloren as condicións de xogo da Nintendo Wii (interactiva onde as haxa). Este adaptador é cen por cen compatible con tódalas pantallas de TV e non require pilas nin baterías.

PUBLICIDADE