Shure presenta o primeiro micrófono con padrón polar seleccionable que pode conectarse sen fíos a móbiles
martes, 4 de marzo do 2025
Shure presentou hoxe o novo micrófono estéreo sen fíos MoveMic 88+, que aseguran que revoluciona o audio móbil por ser o primeiro micrófono estéreo sen fíos directo ao teléfono con padróns polares seleccionables. O novo micrófono sen fíos para vídeo permite que creadores e videógrafos graven audio e vídeo por separado, garantindo a mellor colocación do micrófono sen comprometer a toma perfecta.
O MoveMic 88+ conta con catro padróns polares seleccionables (estéreo, mono cardioide, mono bidireccional e medio lateral sen procesar) os usuarios poden personalizar a dirección da captación de audio para adaptarse a diferentes situacións: desde entrevistas bidireccionais ata gravacións no terreo e actuacións en acústico.
Por exemplo, nos documentais sobre a natureza, un cineasta debe manter a distancia para non molestar á fauna, pero tamén necesita captar audio de alta calidade. Co novo micrófono sen fíos para vídeo de Shure, os creadores poden colocalo preto da acción, como preto dun niño de paxaros, capturando todas as sutilezas do son para unha experiencia inmersiva sen perder a toma exacta que desexan.
O MoveMic 88+ ofrece opcións de montaxe flexibles, podendo acoplarse á trípodes populares e soportes de micrófono mediante os dous clips de micrófono de 5/8” ou zapata fría incluídos, e incluso pode usarse como micrófono de man. Para simplificar o fluxo de traballo, o dispositivo conéctase directamente cun teléfono móbil a través das aplicacións Shure MOTIV sen necesidade do MoveMic Receiver, proporcionando un equipo aínda máis lixeiro e portátil.
Para maior compatibilidade, o MoveMic 88+ tamén pode emparellarse co MoveMic Receiver e conectarse vía USB-C ou 3.5mm a cámaras, ordenadores e teléfonos móbiles, permitindo o uso con aplicacións móbiles de terceiros.
O micrófono MoveMic 88+ está dispoñible por 349 euros, e inclúe un clip de micrófono de zapata fría, un clip de micrófono de 5/8” e un cable de carga USB-C: mentres que o lote do micrófono MoveMic 88+ con receptor está dispoñible por 519 euros, e inclúe o MoveMic Receiver ademais dun clip de micrófono de zapata fría, un clip de micrófono de 5/8”, dous cables de carga USB-C e un cable en espiral de 3.5mm.
Vídeo de presentación do novo micrófono de Shure