Skechers comercializa zapatillas infantÃs con espazo para un AirTag
xoves, 31 de xullo do 2025
Os AirTags de Apple son dispositivos localizadores que podemos colocar en chaves, mochilas e outros obxectos que temamos extraviar, e aÃnda que a compañÃa de Cupertino destaque que non están deseñados para a localización de persoas (e incluso activasen funcións para dificultar o rastrexo persoal), a marca de calzado Skechers está a adaptar a súa liña de calzado deportivo infantil para os AirTags.
Falamos da colección Find My Skechers, que debaixo da soleta das zapatillas ten un compartimento pensado para agochar un AirTag ou outro localizador semellante, de xeito que será posible localizar a zapatilla empregando a aplicación Buscar do iPhone. Cómpre lembrar que o sistema de localización non está baseado en GPS, senón en Bluetooth e nunha rede de localización mediante dispositivos móbiles compatibles, polo que está lonxe de sistemas de localización como os baseados en reloxos conectados (aÃnda que teñen a comodidade da baterÃa de longa duración, de xeito que non hai que estar pendentes da súa recarga).
As zapatillas de Skechers que contan con esa opción son os modelos GO RUN Elevate 2.0, dispoñibles con deseños para nenos e nenas en talles entre o 21 e o 37 e a un prezo de 55-60 euros.
VÃdeo promocional das zapatillas Find My Skechers
