Skype estrea mensaxes de vÃdeo
luns, 17 de xuño do 2013
AÃnda que Skype ten bastante sona como ferramenta para
realizar videoconferencias, precisa da conexión simultánea dos distintos
interlocutores, e para poder empregarse noutros casos está
a incorporar a posibilidade de enviar mensaxes de vÃdeo, de xeito que
desexar as boas noites aos cativos cando se está de viaxe ou felicitar o aniversario
a distancia dun xeito moi persoal é preciso sen coincidir no tempo diante do
ordenador ou do dispositivo dende o que empreguemos Skype.
A posibilidade de mandar mensaxes de vÃdeo a través de Skype está xa dispoñible
de balde para as versións de escritorio da aplicación (tanto para Windows como para
OS X) e as súas variantes móbiles (para iPhone, iPad, Android e BlackBerry, deixando
misteriosamente fóra da ecuación a Windows Phone). Deste xeito, cando alguén
abra Skype, poderá ver as mensaxes de vÃdeo que teña pendentes.
O uso da nova funcionalidade é doado: chega con premer no botón de vÃdeo
mensaxe na aplicación, premer logo o botón de gravación para capturar un vÃdeo
de ata 3 minutos que podemos revisar ou mesmo volver gravar antes enviar.
VÃdeo de presentación das mensaxes de vÃdeo a través de Skype