Skype permite facer videoconferencias en grupo sen instalacións nin contas de usuario

venres, 3 de abril do 2020 Marcus Fernández

O confinamento por mor do coronavirus está a levar á popularización das aplicacións que facilitan a realización videoconferencias en grupo entre as que colleron un importante pulo Houseparty e Zoom, e dado que Skype non quere perder terreo, vén de lembrar ao público un xeito de facer xuntanzas de vídeo sinxelas, sen rexistros nin descargas, de xeito que pódese hospedar unha xuntanza de Skype a través dunha simple ligazón, non precisando o usuario de instalar a aplicación de Skype no seu equipo nin ter unha conta de Microsoft, o que elimina atrancos e abre a porta a moitos usuarios que nunca antes fixeran unha videoconferencia no seu ordenador.
Esta versión web de Skype non só conta coas versións avanzadas de Skype, como poder gravar unha xuntanza ou compartir a pantalla do noso equipo, senón que incluso pode funcionar en dispositivos móbiles se dende o navegador web accedemos á versión de escritorio do cliente web de Skype, de xeito que temos esta ferramenta de comunicación máis accesible que nunca.

PUBLICIDADE