SmartPEME achega esta semana dous obradoiros centrados na ciberseguridade e en CapCut

luns, 19 de febreiro do 2024 S. P.

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana (a comprendida entre o 19 e o 24 de febreiro) dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e CapCut.
As accións formativas inícianse este luns, 19 de febreiro, ás 10:30 horas, con Ciberseguridade, o pishing. O obxectivo deste obradoiro, que será impartido polo experto universitario en robótica Manuel Freire, é dar a coñecer esta técnica de suplantación: a forma máis sinxela de ciberataque e, ao mesmo tempo, a máis perigosa e efectiva. Deste xeito preténdese divulgar as diferentes formas nas que esta técnica se pode presentar para poder identificala con eficacia e facerlle fronte.
Ademais deste obradoiro, a oferta formativa de SmartPEME para esta semana abrangue tamén CapCut II: crea os teus deseños en liña, a cargo de Lara Taboada, titulada superior en ensinos artísticos de deseño gráfico. Este taller terá lugar o martes 20 de febreiro de 12:00 a 13:00 horas en el daranse a coñecer como deseñar con esta ferramenta e tamén como usar os seus modelos para as publicacións en redes sociais.

PUBLICIDADE