Artigos desta sección
O Plan de Software Libre 2016 contará coa colaboración dos principais axentes do sector
O Plan de Software Libre 2016, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) contará un ano máis coa achega dos axentes do software libre da Comunidade, tras asinar novos convenios de colaboración coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL); con catro Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL), (...)
Ler máisChega a nova versión de Ubuntu (a 16.04) e cun alto nivel de tradución ao galego
Os días pasados foi lanzada a nova versión do sistema aberto Ubuntu, hoxe por hoxe para moitos usuarios TIC a principal alternativa open source (e sen dúbida unha das máis competitivas) ás diferentes facianas de Windows. Falamos da versión 16.04 (LTS), novamente na nosa lingua grazas ao traballo do equipo galego do UGT (Ubuntu Galician Translators) que mantén (...)
Ler máisA UVigo xa conta co seu propio repositorio institucional aberto
Que a ciencia e o coñecemento tecnolóxico estea ao alcance de todo o mundo e sen custo ningún é a filosofía que se agocha detrás dos repositorios de acceso aberto que vían a luz a finais do século XX, ou sexa: os coñecementos científicos xerados pola investigación e publicados na literatura científica dispoñíbeis a través de Internet sen barreiras (de prezo, de (...)
Ler máisAs universidades galegas soben postos no ranking dos campus máis comprometidos co open source
O Observatorio Tecnolóxico PortalProgramas fixo de novo (por quinta vez) o seu Ranking de Universidades en Software Libre (RuSL 2016), un estudio que se ocupa de medir o compromiso, emprego e divulgación das vantaxes e usos e implicacións das ferramentas abertas nas 76 universidades estatais e en 144 universidades latinoamericanas. Respecto do papel (...)
Ler máisLalín publica a web do seu repositorio de software
Seguimos a falar de iniciativas galegas de impulso ao software libre: actividades para amosar ante a cidadanía as vantaxes de apostar pola programación aberta, cursos, obradoiros, eventos e laboratorios. Logo de dar conta de LibreTeo e máis do vindeiro hackathon dos GPUL Labs, agora é a quenda da importante iniciativa open source que vén de levar a cabo o (...)
Ler máisGPUL convócanos á súa nova cita para desenvolvementos libres (o 30 de abril)
O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux, GPUL, ten entre mans unha nova actividade coa “etiqueta” GPUL Labs, que é como que se coñece a nova andaina do grupo para fomentar o pulo ao software aberto e crear na nosa terra unha comunidade estábel de desenvolvedores open source. Desta vontade de facer unha fronte común continua arredor da informática sen (...)
Ler máisLibreTeo amosará á cidadanía galega as vantaxes de apostar pola cultura aberta
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, AGASOL, vai organizar en Teo (A Coruña) un encontro sobre a información sen cancelas e as potencialidades desta para empresas, asociacións, entidades públicas e usuarios de a pé. O evento LibreTeo, Software libre. Cultura libre vén da man, tamén, do Concello de Teo, MeliSA, GALPon, a Comunidade O Zulo, Boa (...)
Ler máisA comunidade open source galega lanza iniciativa socio-tecnolóxica para mellorar o mundo: Little Social Projects
A comunidade Ghandalf, centrada no pulo ao software libre (e tamén na divulgación e na formación en tecnoloxías sen cancelas), vén de informarnos dunha interesante iniciativa galega que, botando man da fórmula do open source colaborativo, encamíñase a materializar proxectos solidarios, sociais, sen arela de lucro, destinados a “mellorar o mundo”. Falamos de (...)
Ler máisA Aula de Formación Informática da UDC afronta a primavera cunha chea de cursos open source
A Aula de Formación Informática (AFI) da Universidade de Coruña (UDC) ten entre mans unha interesante serie de actividades formativas para os días vindeiros, boa parte todas elas co nexo común de versaren sobre tecnoloxías libres e sen cancelas. Os cursos de abril e maio teñen ademais un nivel de iniciación ou mesmo perfeccionamento nas tecnoloxías que lles (...)
Ler máisDispoñíbel en galego (ao cen por cen) a versión 3.20 do escritorio Gnome
Xa temos na nosa lingua a nova versión do escritorio Gnome, a edición 3.20. A localización (que cobre o 100% do código) foi unha realidade grazas ao traballo voluntario e desinteresado do equipo galego de tradución de Gnome. A nova foi dada a coñecer a finais de marzo e segundo reflicte a web de Mancomún, “completa o ciclo de desenvolvemento que supuxo unha (...)
Ler máis0 | ... | 100 | 110 | 120 | 130 | 140 | 150 | 160 | 170 | 180 | ... | 860
