Artigos desta sección
Compostela celebra a súa I Semana da Cultura Libre
Onte daba comezo en Compostela a I Semana da Cultura Libre, unha proposta levada a cabo polo Grupo de Cultura Libre de Matadoiro Compostela e coa participación de Mediación Cultural Matadoiro Compostela, MatadoiroTV e GPUL Santiago. A dita actividade inaugurábase en horario de 17 a 21 horas co Obradoiro de ferramentas libres para edición de vídeo e son. Na (...)
Ler máisO GPUL introduce aos estudantes nas vantaxes do sistema libre Git
O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) organiza na tarde deste mércores 16 unha sesión de introdución a Git, o sistema libre de control de versións. Git, como lembraremos, é unha ferramenta-motor desenvolvida para incrementar a eficiencia, a rapidez e a empregabilidade no mantemento de versións de aplicacións cando estas teñen unha elevada (...)
Ler máisLalín achega ás súas PEME ás ferramentas libres de cálculo e simulación
O Concello de Lalín vén de presentar dous cursos sobre as ferramentas abertas Code_Aster e OpenFoam. Segundo fai saber o Goberno local, o obxectivo da formación dupla nestas aplicacións de software libre libre é “capacitar tecnoloxicamente ao persoal das empresas do concello permitíndolles realizar operacións de gran utilidade para o seu día a día, como (...)
Ler máisCaléndula gaña o IX Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre
A AMTEGA e a Oficina de Software libre do CIXUG fallaron hoxe o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre que vai xa pola súa IX edición, recaendo o primeiro premio en José Ángel Piñeiro Souto, da USC, co proxecto Caléndula consistente nunha ferramenta para a xestión persoal da medicación e a mellora da adherencia, integrada na operativa das (...)
Ler máisO Campus de Ourense acolle unhas xornadas para dar a coñecer as vantaxes do software libre
O protagonismo do software libre vai gañando postos paseniño, entre as causas do aumento de usuarios que se suman ás ferramentas abertas están o seu baixo custo, o feito de que pode ser copiado e modificado, empregado libremente con calquera fin e redistribuído con ou sen cambios, amais doutro aspecto ben importante como é a privacidade de datos dos usuarios. (...)
Ler máisXeopesca recunca co seu obradoiro de iniciación a Arduino
Amais do obradoiro sobre FreeCAD do que falamos hoxe tamén en Código Cero, o Centro Matadoiro de Compostela tamén vai dar acubillo, os días vindeiros, a unha actividade formativa e divulgativa sobre Arduino, a plataforma de electrónica libre, accesíbel e cen por cen democrática (Arduino, que dá nome a unha placa de hardware aberto pero tamén a un software, ten (...)
Ler máisO Centro Matadoiro de Compostela acolle o 22 un obradoiro de FreeCAD
O vindeiro sábado 22 de outubro vai haber unha cita con FreeCAD no recentemente reactivado Centro Matadoiro de Santiago de Compostela (a antiga Casa de Xuventude, salvada do derrube polo Concello actual e boa parte da veciñanza e o tecido asociativo local, e destinada agora a acubillar novas formas de desenvolvemento e participación colectiva, incluído o (...)
Ler máisOpenStreetMap achegouse aos centros de ensino galego da man de Ghandalf
Os días pasados celebráronse dous relatorios sobre o proxecto OpenStreetMap, ámbolos dous impartidos o 4 de outubro pola Asociación Ghandalf. As ditas actividades foron impartidas en dous centros de ensino galego, na quenda da mañá no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, e pola tarde no IES Xulián Magariños de Negreira. Foron un total de 85 alumnas e alumnos (...)
Ler máisO software e o hardware libre socioeducativo centrarán as terceiras xornadas de LiGNUx
Será neste mes de outubro, os días 18 e 19, cando teñan lugar as terceiras Xornadas de achegamento teórico-practico ao software e hardware libre no ámbito socioeducativo, un encontro organizado pola Asociación Educativa LiGNUx co apoio da Asociación Pedagóxica e Cultural Educere, Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), a Universidade de Vigo (...)
Ler máisO Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre entra na súa fase final
O vindeiro día 2 de outubro péchase o prazo para inscribirse no Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, promovido pola AMTEGA, ao que pode optar calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado cunha nota mínima de 5.0, nalgunha (...)
Ler máis0 | ... | 70 | 80 | 90 | 100 | 110 | 120 | 130 | 140 | 150 | ... | 860
