SolCHAT, novo mans libres solar para o coche

martes, 17 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Scosche Industries, fabricante de tecnoloxía para móbiles e accesorios para reprodutores multimedia, anunciou un novo altofalante Bluetooth que busca ser máis respectuoso co medio ambiente, pois o SolCHAT combina un panel solar e unha batería recargable Ion-Litio, de xeito que os usuarios poderían esquecerse en boa medida da súa autonomía no seu uso no automóbil, aínda que tamén é posible cargar a súa batería por USB ou co acendedor do coche, pensando en días con pouca luz ou a condución nocturna. Inclúe unha ventosa para facilitar a súa instalación no parabrisas (así como un clip para poder enganchalo ao parasol do vehículo).
O SolCHAT é doado de manexar (presenta só 3 botóns visibles: subir volume, baixar volume e contestar unha chamada), é compatible con Bluetooth 2.0, conta con identificación de chamada con voz e o seu prezo de venda será de 99,99 dólares.

PUBLICIDADE