Sony abre o desenvolvemento para PS2 e PSP a universidades

luns, 9 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Sony anunciou o seu programa PlayStation-edu para universidades, que consiste en permitir o acceso aos kits de desenvolvemento de software para as consolas PS2 e PSP, ou sexa, ás mesmas ferramentas que empregan os profesionais para facer xogos para estas consolas, de xeito que os estudantes se poderán formar nas plataformas de xogo de Sony, podendo contribuír coas súas innovacións, aínda que o máis importante desta iniciativa sería que a posibilidade de acceder a exemplos, probas e documentación que permite unha completa formación que sirva como adestramento para traballar no sector dos videoxogos mais adiante.