Sony estrea un robot bailarín que reproduce música

luns, 10 de setembro do 2007 Marcus Fernández

O fabricante nipón Sony finalmente amosa o que será o seu robot musical Rolly, que combina un xoguete cun reprodutor multimedia.
O Sony Rolly ten unha memoria interna de 1 Gb no que se garda música que pode reproducir nos altofalantes que incorpora, podendo tamén achegar a música doutros dispositivos a través de Bluetooth. Mentres reproduce a música (MP3, AAC e ATRAC) é capaz de bailar ó ritmo da música ou mesmo seguirá coreografías preprogramadas (que se poderán compartir pola Rede).
A autonomía do robotiño chegará ata as 5 horas e sairá no Xapón a finais de mes a uns 40.000 iens (uns 256 euros) de xeito que se sitúa coma un curioso agasallo para o vindeiro Nadal.
Velaquí un vídeo de presentación do orixinal produto:

PUBLICIDADE