Sony lanza un ordenador de sobremesa que combina altas prestacións e elegante deseño

mércores, 16 de maio do 2007 Marcus Fernández

Sony non só comercializa portátiles baixo a súa marca Vaio, senón que tamén aposta por atractivos ordenadores de escritorio coma o novo LA3, que aproveita a tecnoloxía normalmente empregada en dispositivos móbiles para crear un equipo cunha imaxe única.
O LA3 conta cun procesador Intel Core 2 Duo a 1,83 GHz, 2 Gb de RAM, 320 Gb de disco duro, unha tarxeta gráfica GeForce Go 7600, unha pantalla LCD panorámica de 19 polgadas e conectividade Wi-Fi, incluíndo o sistema operativo Windows Vista Home Premium e vendéndose a 2.000 euros.
O novo equipo reforza as súas prestacións con capacidades multimedia coma unha regravadora de DVD, altofalantes, e tarxeta de sintonización de televisión, polo que o seu uso coma estación audiovisual podería resultar interesante para os consumidores preocupados pola aparencia externa do seu equipo.

PUBLICIDADE