Sony presenta un portátil pensado para o seu uso por fotógrafos
martes, 9 de setembro do 2008Pensando na
edición de fotografÃas e vÃdeo Sony lanzará ao mercado xaponés a finais de mes
un novo
portátil VAIO tipo A que destaca especialmente por contar cunha
pantalla iluminada por LED de 18,4 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080
pÃxeles. Funciona cun procesador Core 2 Duo a 2,53 GHz, 4 Gb de RAM, 2 discos
duros de 250 Gb cada un (e incluso un porto eSATA para ampliacións), lector de
tarxetas CF (pensando para a rápida transferencia de imaxes), gravadora de
Blu-ray, saÃda HDMI, Wi-Fi (IEEE 802.11n), tarxeta gráfica GeForce 9600M GT e
unha serie de programas para o retoque fotográficos preinstalados.
Tras quedar impresionados polas prestacións deste equipo temos que comentar que
un par de defectos, coma son o seu peso e prezo, pois pesa uns 3,9 quilogramos
e se
venderá a 320.000 iens (uns 1.920 euros). A súa autonomÃa tamén é un
tanto reducida (2 horas) para esta gama de equipos.