Sony presenta unha cámara compacta con zoom óptico de 30x
luns, 7 de marzo do 2016
A familia de cámaras compacta de Sony recibe a un novo
integrante, a DSC-HX80, unha cámara cun sensor CMOS Exmor R de 18,3 MpÃxeles e visor
OLED retráctil, que destaca
por incluÃr nas súas pequenas dimensións un zoom óptico de 30x,
converténdose nunha das cámaras máis versátiles do mercado á hora de disparar
instantáneas familiares ou de viaxe, asà como para gravar vÃdeo (grava vÃdeo
Full HD até en formato XAVC a 50 Mbps). O estabilizador óptico de 5 eixes
reducir as vibracións da cámara durante o seu uso.
A Sony HX80 tamén presenta unha pantalla LCD de 3 polgadas e 921.000 pÃxeles,
que pode abaterse 180 graos, de xeito que tamén pode empregarse para facer selfies de calidade. Para facilitar a
súa comunicación tamén conta con Wi-Fi e NFC, facilitando a transferencia dos
seus contidos ás aplicacións móbiles Sony PlayMemories.
Esta cámara sairá á
venda o mes que vén a un prezo estimado de 350 dólares, o que parece un
bastante axustado tendo en conta as súas prestacións, que deberÃan ser máis que
suficientes para a meirande parte de usuarios que busquen unha cámara que
ofreza unha calidade moi superior á dos smartphones, pero sen ter que cargar
cunha máquina pesada e voluminosa como acontece coas cámaras réflex dixitais.
- Un detalle curioso da cámara Sony HX80 é que conta cun visor OLED retráctil