Sony presenta unha nova cámara compacta de gama alta
martes, 15 de xullo do 2025
Sony anunciou hoxe o lanzamento da RX1R III, a terceira xeración da súa prestixiosa serie de cámaras compactas RX1R, que chega ao mercado dez anos despois do seu anterior modelo, cun deseño refinado, un rendemento profesional e un corpo o suficientemente pequeno como para caber na palma da man.
Esta nova cámara incorpora un sensor Exmor R CMOS retroiluminado de 35 mm con 61 MpÃxeles, o procesador de imaxe BIONZ XR e un obxectivo fixo ZEISS Sonnar T* de 35 mm e apertura f/2, todo nun corpo compacto de alta gama.
Sensor de alta resolución e procesamento avanzado
A Sony RX1R III aposta por unha calidade de imaxe excepcional, grazas á combinación do sensor Exmor R de 61 MpÃxeles e o motor BIONZ XR, que permiten capturar fotografÃas con gran rango dinámico, baixo nivel de ruÃdo e unha nitidez impresionante. O sensor prescinde do filtro óptico de paso baixo e conta cun revestimento antirreflexos, o que contribúe a unha calidade superior nas imaxes.
A cámara mantén o clásico obxectivo de 35 mm f/2 da serie RX1, deseñado por ZEISS, o que garante unha continuidade visual e unha estética nostálxica que moitos fotógrafos valoran. A súa colocación e integración co sensor están optimizadas para obter o máximo rendemento óptico.
A RX1R III incorpora unha unidade de procesamento con IA, semellante á das cámaras Alpha profesionais, que permite o recoñecemento preciso de formas, movementos, ollos, rostros e corpos, mesmo cando non están completamente visibles. A cobertura AF chega ao 78 % da área do sensor con 693 puntos de detección de fase, garantindo un seguimento rápido e fiable.
A cámara ofrece tamén a función Step Crop Shooting, que permite simular tres distancias focais (35 mm, 50 mm e 70 mm) mediante recorte dixital, mantendo a flexibilidade en postprodución cando se dispara en RAW. Ademais, conta cun anel macro no obxectivo que permite fotografar a tan só 20 cm de distancia.
Inclúe doce modos creativos para axustar aspectos como ton, saturación, brillo ou contraste, tanto en fotografÃa como en vÃdeo. Destacan dous novos estilos: FL2, cun aire nostálxico de cores suaves, e FL3, máis vibrante e colorido.
Compacta, elegante e funcional
Fabricada cun corpo de aliaxe de magnesio lixeira e resistente, a RX1R III presenta un deseño coidado, discreto e funcional. Incorpora unha empuñadura renovada con goma texturizada, visor electrónico OLED XGA de alta resolución (2,36 millóns de puntos e aumento 0,70x), e unha zapata MI para accesorios.
A autonomÃa chega ás 300 fotografÃas por carga coa baterÃa NP-FW50 e admite carga rápida por USB-C con dispositivos compatibles con USB Power Delivery, asà como o uso de baterÃas externas.
A Sony RX1R III estará dispoñible a finais de mes a un prezo aproximado de 4.900 euros.
VÃdeo promocional da nova cámara de Sony
