Sony presenta unha videocámara que permite verificar a autenticidade do contido gravado
mércores, 23 de xullo do 2025
Sony vén de anunciar a PXW-Z300, unha nova videocámara profesional portátil da liña XDCAM que destaca por combinar unha calidade de imaxe avanzada, capacidades operativas versátiles e funcionalidades pioneiras no eido da autenticación de contidos audiovisuais. Estará dispoñible a partir do outono de 2025 e está deseñada para ámbitos como o xornalismo, os eventos corporativos, os documentais ou os programas en directo.
Entre as súas principais innovacións destaca a integración de sinaturas dixitais directamente nos arquivos de vÃdeo, converténdoa na primeira videocámara do mundo en ofrecer esta funcionalidade segundo Sony. Esta caracterÃstica permitirá verificar a autenticidade do contido gravado, unha demanda crecente no ámbito da información e da creación de contidos en tempos de manipulación dixital e desinformación.
A Sony PXW-Z300 incorpora sensores Exmor R 4K 3-CMOS retroiluminados de media polgada e o procesador de imaxe BIONZ XR, ao que se lle suma unha unidade de procesamento con intelixencia artificial dedicada. O sistema de lentes profesional conta cun zoom óptico de 17x con apertura constante F1.9 e tres aneis de control manual independentes, asà como un filtro ND electrónico variable que facilita a captación en condicións de luz cambiantes.
A intelixencia artificial da cámara permite un recoñecemento preciso de suxeitos, mesmo cando están de costas ou parcialmente ocultos, grazas ao uso de datos sobre a cara, os ollos, a estrutura corporal e a postura. A función de encadre automático garante ademais que os suxeitos permanezan centrados durante a gravación.
Outra novidade relevante é o novo brazo articulado do monitor LCD, que permite unha flexibilidade total na gravación desde diferentes ángulos ou en modo de autorretrato, grazas á súa capacidade de xiro en tres eixes. O monitor de 3,5 polgadas e 2,76 millóns de puntos é significativamente máis brillante que o do modelo anterior.
No ámbito da conectividade e os fluxos de traballo, a PXW-Z300 está preparada para a produción moderna grazas á compatibilidade con redes 5G, Wi-Fi e LAN por cable. Permite a transmisión en directo desde localizacións remotas, a transferencia de arquivos de maneira inmediata e a integración con solucións na nube como Ci Media Cloud ou C3 Portal, asà como con sistemas de edición baseados en arquivos. Tamén admite a gravación fragmentada para comezar a edición sen necesidade de extraer o soporte fÃsico.
A cámara ofrece compatibilidade con múltiples formatos de gravación, incluÃndo MXF (MPEG HD422, XAVC Intra e XAVC Long) e proxies MP4 en HEVC, e admite curvas de cor como S-Cinetone, HLG ou LUT personalizadas. Asà mesmo, permite o control remoto a través da aplicación móbil Monitor & Control de Sony.
No apartado de son, admite ata catro canles de audio mediante entradas XLR e a zapata de interface múltiple, compatible cos sistemas UWP de Sony, e proximamente engadirase soporte para gravación proxy de audio multicanle.
