Sony viste de rosa o seu lector de libros electronicos para San Valentín

martes, 29 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A proximidade do Día de San Valentín continúa a provocar o lanzamento de edicións especiais de trebellos tecnolóxicos para adecualos como agasallo en tal data, e unha das vítimas desta moda é o lector de libros electrónicos de Sony, que agora conta cunha revisión coñecida coma Reader Harlequin, que inclúe unha cuberta protectora de SkinIt (cunha decoración rosada coñecida coma Cross Your Heart) e a posibilidade de descargar 14 novelas románticas de balde (do catálogo da editorial Harlequin).
O lector de libros electrónicos mide 175 x 122 x 8 milímetros, pesa 255 gramos, conta cunha autonomía que permite a lectura de ata 7.500 páxinas e se vende nos EE.UU. a 299,99 dólares (202,99 euros).
Este dispositivo permite ler documentos en formato PDF, RTF, TXT, BBeB e Word, reproducindo unha experiencia moi semellante á da lectura en papel.

PUBLICIDADE