Sound ID SM100: un mans libre Bluetooth pequeno, cómodo e seguro
martes, 15 de maio do 2007
Os sistemas de mans libres Bluetooth evolucionan constantemente en tamaño e autonomía, pero algunhas características parecían non mellorar, pero o Sound ID SM100 podería cambiar o panorama, xa que este novo dispositivo (consistente nun reducido auricular de 44 x 25 x 33 mm)
conta cun revolucionario sistema que fai que non se perda capacidade auditiva ó levar o pinganillo na orella cando non se está a falar por teléfono. Pero non só destaca polo seu Modo Ambiental, senón que tamén conta cun supresor de ruídos de grande calidade, que incluso pode recoller aceptablemente a un interlocutor no medio dun local cheo de xente falando.
O SM100 tamén conta cun modo de funcionamento One2One, ou sexa, que se podería comunicar con outro dispositivo da mesma marca para establecer comunicacións bidireccionais.
A autonomía do dispositivo chega ás 8 horas en modo telefónico, 24 horas en modo ambiental e 72 horas en espera, precisando para a súa carga de 3 horas. Só pesa 11 gramos e véndese a 129,99 dólares.