Spotify merca dúas grandes compañías de podcasting: Gimlet e Anchor
mércores, 6 de febreiro do 2019
- Daniel Ek, fundador de Spotify, asegura que o seu negocio é o audio, non só a música.
Spotify anunciou
hoxe o peche de acordos de adquisición con Gimlet Media Inc. (unha das
produtoras de podcasts independente máis importantes do mundo) e con Anchor (un
dos grandes referentes en servizos de creación, publicación e monetización de
podcasts), o que supón unha importante aposta polo podcasting como ningunha
outra compañía fixo antes.
Estas adquisicións poderían ser chave para que Spotify medre no eido do
podcasting, fornecendo a súa plataforma con tecnoloxía e contidos de calidade,
que poderían supor un elemento diferencial con respecto a outros servizos de streaming, á vez que tamén facilitará o
achegamento do podcasting a un público máis amplo.
Confíase que as operacións de compra poidan completarse este mesmo trimestre,
avanzando así no concepto da compañía que defende o seu fundador, Daniel Ek, quen
entende Spotify
como un servizo de audio, non de música, de aí que entendan que os podcasts
poidan resultar moi atractivos para enriquecer o servizo. Ek achega un dato moi
interesante: máis do 20% do tempo de uso de Spotify é de contidos nun musicais.
Aparte deste anuncio, Spotify tamén presentou
os seus resultados financeiros para o último trimestre de 2018, así como o
seu balance do ano, destacando que actualmente conseguiu chegar aos 207 millóns
de usuarios activos, 96 millóns de subscritores e uns beneficios operativos de
94 millóns de euros.
- Algúns dos datos salientados por Spotify na súa presentación de resultados trimestrais