Squirrel ocupa o espazo deixado por Disney Channel na TDT
martes, 7 de xaneiro do 2025
A canle da TDT que leva en emisión dende 2008, Disney Channel, dixo adeus tras ter deixado pegada en toda unha xeración ao ofrecer en aberto series como Hannah Montana e Lilo y Stitch. O espazo que deixou na grella de televisión a canle da Disney pasa a estar ocupado por un marca até o de agora descoñecida para o público: Squirrel.
Squirrel aproveita o programa na TDT de Net TV para ofrecer de balde unha interesante oferta de contidos cinematográficos que inclúe clásicos, estreas internacionais, cine español, cine familiar e pelÃculas galardoadas, asà como algunhas series de televisión, o que supón unha boa nova para os amantes da ficción que queren gozar de contidos en aberto.
Como exemplos dos contidos de Squirrel estes dÃas podemos atopar filmes como Jet Li es el mejor luchador, Rosas Rojas, Torremolinos 73, Infierno en el PacÃfico, Lobos de Arga, Eternamente Emmanuelle e Sol Rojo, asà como miniseries como El dÃa de los TrÃfidos, Las Minas del Rey Salomón e Arcángel.
- Squirrel inclúe na súa grella numerosos filmes a diario, que van dende cine familiar até telefilmes eróticos