Steve Ballmer presenta Bing, o novo buscador de Microsoft
venres, 29 de maio do 2009
Steve Ballmer aproveitou
a súa intervención no congreso D7 organizado polo The Wall Street Journal para presentar Bing, unha nova
marca que identificará o que Microsoft define coma un motor de decisión, aínda que aparentemente non sexa máis que un
novo buscador web que podería coller o relevo de Live Search aínda que polo
momento só é un proxecto en probas que poderemos ver en todo o mundo a partir
do vindeiro 3 de xuño.
Bing busca axudar aos usuarios a manexar a abundancia de información que chega
a ser todo un problema hoxe en día, e así Microsoft
decidiu centrar o novo servizo web en tres piares:

- Steve Ballmer, Yusuf Mehdi e Walt Mossberg probando Bing
Grandes resultados de busca: presenta os resultados máis relevantes, permitir
botar unha ollada a unha vista previa dos resultados, incorporar ligazóns
profundas para tirar máis proveito das páxinas web que aparecen coma resultados
e cun sistema de respostas instantáneas para amosar información dentro da propia
páxina de resultados (minimizando a interacción co usuario).
Experiencia de busca organizada: os resultados de busca aparecen agrupados de
xeito, distribuiranse en pestanas temáticas e incorpora distintas posibilidades
de navegación entre os resultados.
Simplificar as tarefas e achegar comprensión:
o sistema recoñecerá cando buscamos produtos para a súa compra, viaxes, negocios
locais… e así cando localicemos futuras compras teremos a man críticas e
análises dos produtos ou se buscamos viaxes contaremos con información sobre
prezos de liñas aéreas e hoteis.
Bing tamén facilitará a busca de vídeo, imaxes, mapas, novas… e Ballmer non agochou que a súa intención é
claramente superar a Yahoo! e Google no sector das buscas da Internet,
cambiando o paradigma das buscas na Internet, modificando a experiencia do
usuario ofrecendo moitas posibilidades intelixentes.
Un detalle que poderiamos destacar de Bing é que busca reter aos usuarios da
súa páxina, en vez de instalos a fuxir a outras páxinas web.
Agora, Microsoft deberá centrarse na popularización do novo servizo web, para o
que teñen previsto realizar un investimento publicitario moi importante que podería
estar entre os 80 e 100 millóns de dólares (Ballmer non quixo
precisar a cantidade, pero asegurou que era elevada).
Walt Mossberg entrevistou a Steve Ballmer no D7
Pequena demostración do funcionamento de Bing
