Steve Ballmer presentou o HP Slate en La Vegas
xoves, 7 de xaneiro do 2010
Adiantándose ao tablet que supostamente presentará Apple o vindeiro dÃa 27, Steve Ballmer fixo
unha aparición estelar durante o CES de Las Vegas para amosar un HP
Slate, un dispositivo cunha pantalla multi-táctil dunhas 10 polgadas
que poderÃa servir para a reprodución multimedia, a navegación web, a lectura,
a videoconferencia e algún xogo, pero do que pouco máis pode dicirse, posto que
non desvelaron ningunha das súas caracterÃsticas técnicas, dando a entender que
o produto está sen pechar, aÃnda que o que si temos asegurado é que funcionará con Windows 7.
Este novo equipo foi deseñado polo equipo de Voodoo (empresa adquirida por HP)
é haberá que agardar para poder determinar se estamos ante un produto que poida
competir co futuro dispositivo de Apple. No seguinte vÃdeo podemos ver cómo o
promocionan polo momento: