TP-Link lanza unha pechadura conectada económica
martes, 27 de maio do 2025
Nun momento no que a domótica está a coller moita forza, varios fabricantes comercializan pechaduras conectadas á Internet ofrecendo funcións moi diversas, aÃnda que con prezos bastante elevados, de aà que sorprenda a última proposta de TP-Link, que vén de lanzar unha nova pechadura conectada dentro da súa liña Tapo a un prezo de 69,99 dólares nos EE.UU.
A pechadura Tapo DL100 pode sorprender porque, pese a un prezo tan axustado, ofrece varios métodos de desbloqueo, incluÃndo teclado numérico, chave fÃsica, aplicación móbil Tapo e control por voz mediante asistentes como Alexa, Siri, Google Assistant e Samsung SmartThings.
Queda por ver se chegaremos a ver este produto en Europa, pero a priori semella que serÃa a opción máis económica do mercado, o que sorprende por chegar dunha man recoñecida como TP-Link, marca que ten outras pechaduras máis avanzadas e tamén videoporteiros.
En canto á autonomÃa, estÃmase que ten unha duración de ata sete meses con Wi-Fi activado e ata dez meses usando só Bluetooth, con só catro baterÃas AA, permitindo tamén alimentación USB-C en caso de emerxencia.
A nivel de seguridade, inclúe funcións como a ocultación do PIN, permitindo inserir o código de acceso como parte dunha cadea máis longa de números para despistar ollos indiscretos. Tamén permite crear códigos dun só uso para visitas ou códigos restrinxidos por horario para profesionais do servizo técnico.
Ademais, o DL100 pode integrarse co timbre intelixente Tapo, permitindo desbloquear a porta mentres ves en directo quen está fóra. A aplicación móbil tamén envÃa notificacións ao bloquear ou desbloquear a porta e mantén un rexistro detallado de accesos, incluÃndo os códigos utilizados por usuarios especÃficos. Tamén conta con resistencia IP54.
GuÃa de instalación da pechadura Tapo DL100
