Tecalis, recoñecida co premio europeo á xestión empresarial
venres, 1 de febreiro do 2019- Berta Caro, responsábel de Desenvolvemento de Negocio de Tecalis, recollendo o premio
A
tecnolóxica galega Tecalis,
con sede en Milladoiro (Ames) e centrada en servizos TIC avanzados,
vén de recibir un novo recoñecemento ao seu labor e á súa
excelencia en desenvolvemento. Trátase do Premio Europeo á Xestión
e Innovación Empresarial 2019, que distingue o éxito das empresas
cunha traxectoria exemplar no ámbito estatal e europeo con prácticas
e iniciativas que apoian novas fórmulas de innovación e a
conciencia empresarial. O galardón foille concedido a Tecalis da man
da Asociación Europea de Economía
e Competitividade.
Segundo
salientan dende a empresa galega, este novo premio vén culminar un
ano ateigado de galardóns, premios e recoñecementos recibidos por
Tecalis e o seu modelo empresarial baseado na innovación tecnolóxica
e na excelencia, “que colocaron a nosa corporación e a nosa
Comunidade no mapa innovador mundial”. Como exemplo desta manchea
de distincións, Tecalis lembra que hai nove meses o diario
financeiro Financial Times situou
a empresa galega no posto 145 das 1.000 firmas que máis medran en
Europea, a través da súa referencial clasificación FT 1000.
Respecto
da Asociación Europea de Economía e Competitividade
(AEDEEC), é unha organización creada co fin de promover,
desenvolver e recoñecer todos os mecanismos das empresas que
fomentan un bo desenvolvemento empresarial dentro do marco europeo.