Teimas Desenvolvemento, exemplo de innovación tecnolóxica no sector da reciclaxe
martes, 20 de setembro do 2016
O director de Xesgalicia, Juan
Cividanes, mantivo esta mañá un encontro en Santiago de Compostela cos
directivos de Teimas Desenvolvemento, empresa da que destacou a súa
especialización e capacidade tecnolóxica no sector da reciclaxe, onde salientou
que a compañÃa santiaguesa xestiona os residuos de máis de 150 clientes
industriais de todo o territorio nacional coa súa ferramenta Teixo, unha
plataforma na nube para a xestión integral de empresas produtoras, xestoras e
transportistas.
No ano 2015, xestionou 1,6 millóns de toneladas de residuos perigosos, o que
representa o 30% do total dos residuos perigosos trasladados en España, e
proporcionou servicio a 36.600 produtores de residuos para o que empregou 1.600
transportistas. Esta ferramenta tamén permitiu xerar mais dun millón de
documentos medioambientais e realizar a súa tramitación electrónica coa
administración correspondente.
Tras o encontro cos fundadores, Cividanes destacou o compromiso da compañÃa por
promover accións responsables co medio ambiente con varias iniciativas, entre
as que destacou o proxecto Tropa Verde, unha iniciativa social na que
participan máis de 2.000 cidadáns de Santiago de Compostela e 100
establecementos do comercio local.
ConstituÃda no ano 2008, Teimas Desenvolvemento, na que colabora Xesgalicia,
emprega a 11 traballadores. AÃnda que a maiorÃa dos seus clientes atópanse en
España, tamén conta con presenza en paÃses como Andorra e Chile.