Telefónica, Orange, Mapfre e Ausum mostran en Santiago o vieiro da transformación empresarial
mércores, 25 de setembro do 2019
Este
xoves a Cámara de Comercio de Santiago celebra na súa sede (número
44 da rúa San Pedro de Mezonzo) a
xornada A dixitalización como panca de conectividade na PEME,
un encontro empresarial destinado a pór de relevo ante as empresas a
necesidade de transformárense e innovar: tanto a nivel de produción
como en xestión, comunicación, mercadotecnia, análise de mercados
ou distribución.
Na
cita, que comeza ás 9.30, daranse a coñecer as principais
conclusións do Informe España Empresa Dixital e
brindarase un punto de
encontro para o intercambio de recursos e achados en materia de
transformación. Participarán
empresas como Telefónica, Mapfre, Orange e Ausum Asesores e Avogados
Asociados expoñendo experiencias propias de éxito.
Amais,
a cita acollerá unha mesa redonda sobre a mellora da competitividade
e produtividade das pequenas e medianas empresas a través das TIC.
As
actividades do programa (accesible
en PDF), como dixemos, darán comezo ás 9.30 coa sesión de
apertura institucional a cargo de Rosa Mary Cardeso Trillo,
secretaria xeral en funcións da Cámara de Comercio de Santiago,
quen dará paso, sobre as 9.45 horas, á presentación do Informe
España Empresa Dixital, a cargo de Carlos López Blanco,
presidente da Comisión de Dixitalización da Cámara de España.
Sobre
as 10.00 horas será a quenda de Marta Menéndez Martínez, directora
en Galicia de Teléfonica, que achegará o relatorio Senón é
agora, cando? É hora de transformarse. De seguido, sobre as
10.15, está previsto que interveña José Manuel Martínez Sainz,
subdirector de Desenvolvemento de Negocio de Transformación Dixital
de Mapfre, que falará sobre os recentes procesos de innovación da
aseguradora.
Ás
10.30 horas está programado un relatorio de Gonzalo Echazarra,
director de Empresas de Orange (zona norte), que fará un percorrido
polos primeiros pasos que son precisos no proceso de transformación
tecnolóxica dunha PEME.
Logo,
sobre as 10.45, será a quenda da presentación do Programa
TICCámaras, a cargo de Anselmo Díaz Romero, responsable do
Departamento de Innovación da Cámara de Comercio de Santiago. Esta
sesión incluirá a exposición de dous casos de éxito: Ausum
Asesores e Abogados Asdos, a cargo de Diego Víboras Cabañero.
Sobre
as 10.45 celebrarase a mesa redonda Como ser máis eficiente
traballando na nube, na que van intervir Carlos López Blanco,
Marta Menéndez Martínez, Andrés Peral Plaza (director de
Seguridade e Medioambiente en Sistemas de Información de Mapfre),
Richard Zabalo (partner account manager de Orange) e Diego
Víboras Cabañero.
Rematarán
os relatorios coa clausura institucional, a cargo de Fernando
Pérez-Soba Aguilar, secretario accidental da Cámara de Comercio de
Santiago. Máis tarde está prevista unha sesión de networking.
