Telefónica convértese na primeira operadora en comercializar servizos 5G para empresas en España
luns, 29 de novembro do 2021- Ambiente de Industria 4.0 nunha imaxe de iStock / Getty Images / B4LLS
Telefónica
vén de facer historia na evolución recente das tecnoloxías
móbiles. Faino
converténdose na primeira operadora en España en comercializar
solucións 5G para grandes empresas e administracións. Os
primeiros usos desta tecnoloxía que ofrece a firma están baseados
na incorporación de robots á industria para mellorar procesos e
operacións; na asistencia remota para supervisión ou montaxe con
atención de persoal experto en remoto; e no emprego de drons para
tarefas de inspeccións en activos críticos e remotos, entre outras
funcións.
80
casos de uso
A
compañía despregou preto de 80 casos de uso probando as vantaxes
desta tecnoloxía en todo tipo de sectores. O froito desta
experiencia é o que agora a empresa pon a disposición de
empresarios e xestores.
Telefónica
quere adiantarse deste xeito ao que será unha demanda sen
precedentes durante os vindeiros cinco anos: a demanda de
conectividade 5G no sector industrial. As solucións que a operadora
lanza ao mercado “permitirán aproveitar a nivel empresarial os
beneficios que proporciona esta tecnoloxía, como son o incremento da
velocidade na transmisión de voz e datos de até 10 Gb/s; a reserva
temporal de largo de banda para a priorización de tráfico; a
incorporación de redes privadas para unha contorna industrial e
sobre unha rede pública; o incremento de até 1 millón de
dispositivos conectados por quilómetro cadrado; a baixa latencia,
que ofrece información en tempo real e reduce o tempo de resposta
até o milisegundo e a seguridade, ofrecendo redes cifradas e libres
de interferencias grazas ao uso da SIM e do espectro licenciado da
SIM”, explicou a operadora.
Telefónica
comezará o despregamento da 5G SA (Standalone) no 2022.
Os
novos servizos comerciais que a empresa ofrecerá a partir de xaneiro
teñen porán o foco, principalmente, no impulso da Industria 4.0.
Farao grazas ás posibilidades que dan os servizos da rede 5G e que
se incrementarán con novas funcionalidades no 2022, como son a
utilización dun mesmo nodo radio para redes privadas e públicas; a
priorización do tráfico privado sobre público e, tamén, a
creación de redes privadas 5G con todas as funcionalidades do núcleo
da rede 5G dedicado, “o que facilita unha menor latencia e un maior
número de dispositivos conectados”.
As 3
primeiras propostas desenvolvidas por Telefónica Tech que
comercializará da división de empresas son as seguintes:
-
Robots AGV 5G: Esta solución está baseada nos vehículos
guiados de forma autónoma para uso industrial (AGV) que se conectan
a través dunha plataforma de visualización e planificación de
rutas IoT, para xestionar a comunicación con eles de forma
bidireccional, o que facilita a realización de tarefas repetitivas
sen intervención humana, como é o desprazamento de cargas, 24 horas
ao día, 7 días á semana.
-
Solucións Asistencia Remota 5G: O servizo de
asistencia remota, incluíndo opcionalmente a Realidade Aumentada,
permite operar/reparar equipamentos en tempo real, sen necesidade de
estar fisicamente na localización do sitio onde se está producindo
a incidencia. Para iso, utilízase unha plataforma de monitoraxe e
asistencia remota á que se conectan os dispositivos cos que se
traballa, como un smartphone, unha tableta ou unhas smart
glasses, que simplifican a operación do técnico
en campo. Esta solución funciona tanto en rede 4G como en 5G,
asegurando sobre esta tecnoloxía unha mellor calidade de servizo.
Grazas a esta solución poderase, entre outras cousas, resolver
mellor as incidencias ao contar coa axuda de expertos en tempo real e
de forma remota, asegurando tempos de resposta e redución do impacto
en produción.
-
Solucións Drones 5G: A proposta de Telefónica inclúe drons
multirrotor de á fixa ou VTOL (combinación de á fixa e
despegamento, en aterraxe vertical), o uso de conectividade 4G ou 5G
sobre dispositivos embarcados nos vehículos aéreos non tripulados
(cámaras e outros sensores), unha plataforma de xestión de droes e
voo (Fleet Management), servizos de xestión de autorizacións
e de mantemento. Tamén se inclúe na proposta, o servizo de pilotaxe
do propio dron e os servizos de data scientist
con arquitectos de sistemas para analizar os datos recolleitos polos
sensores dos vehículos aéreos ou mesmo, solucións de blockchain
para certificar a xestión do voo e os datos extraídos (informes,
certificacións, etc).
Telefónica
ofrece tres modalidades de conectividade para pór en marcha estes
servizos: Movistar Intranet 5G (soportada ao 100% sobre a rede
pública de Telefónica, supón un menor investimento para a compañía
que o contrata), Privada Virtual 5G (ofrece unha rede privada
diferenciada e con cobertura específica, compartindo a
infraestrutura do core da rede pública de Telefónica) e Privada
Dedicada 5G (facilita unha rede privada 5G totalmente dedicada para
aquelas empresas que necesitan o máximo nivel de seguridade e
comunicación en tempo real).