Telefónica probará a 5G de banda milimétrica en Segovia
luns, 1 de febreiro do 2021
Na presentación dalgúns smartphones 5G insisten moito na incorporación
de conectividade mmWave, ou sexa, do uso da banda milimétrica para conseguir
grandes velocidades, reducidas latencias e un importante número de dispositivos
conectados a pouca distancia, grazas en boa medida a que algún operador en
EE.U. xa a utiliza (aÃnda que cunha dispoñibilidade moi limitada, mentres que
dende Europa non deberiamos preocuparnos agora de se os nosos móbiles soportan
esta tecnoloxÃa xa que aquà non estará dispoñible até dentro de bastante tempo
xa que nin sequera se pecho o seu calendario de implantación.
Pero que a banda milimétrica non teña data para a súa explotación presencial
non quere dicir que non haxa que avanzar neste ámbito, e Telefónica
anuncia que Segovia será a primeira cidade tecnolóxica 5G da compañÃa en España,
xa que alà desenvolverán novos casos de uso da 5G, destacando precisamente os que
tiran proveito da conectividade, como o proxecto Amatista, dirixido a
axudar no tratamento de persoas con enferminadades neurodexeneratias. Trátase
dun servizo de vÃdeo musical inmersivo para tratar de mellorar a calidade de
vida de persoas con enfermidades como o alzhéimer ou o párkinson.
O proxecto pretende demostrar a viabilidade de estender a nivel estatal un novo
servizo sobre redes 5G nun cotorno virtual distribuÃdo, de xeito que poderÃa
estar dispoñible para un grande número de pequenas localizacións.