
En palabras da operadora, “estamos perante un dos meirandes esforzos infraestruturais desenvolvidos por Telefónica nos últimos anos na área industrial de Santiago”. Para darlle remate, foron precisos 89 novos armarios de exterior, 553 arquetas, 23 cámaras de rexistro, 110 pedestais e 826 tramos de canalización. “En total”, engade a empresa, “conectáronse 1.377 infraestruturas á central que Telefónica ten en Vite, grazas ás cales as empresas poderán acceder á tecnoloxía de transmisión de datos máis rápida e eficiente do mercado”. De feito e abondando neste último punto, a operadora está a aproveitar a ocasión para salientar as vantaxes específicas da FTTH de seu fronte a outras tecnoloxías semellantes, xa que a despregada por Telefónica, din fontes da empresa, “chega mesmo ata as portas das empresas, sen empregar cobre ou coaxial no último treito e sen que se dea perda algunha de velocidade”. Tamén destaca “o ancho de banda ilimitado e a súa simetría na baixada e na suba de datos”.
A operadora tamén lembra que investirá en Galicia este ano 48 millóns de euros en infraestruturas de última xeración e ao final de ano levaría fibra óptica ata o fogar a 351.844 vivendas galegas e zonas industriais.
Telefónica salienta que 350 empresas de Santiago dispoñen xa de FTTH
Compartir Este Artigo
