Telegram xa pode empregarse en galego vía web

martes, 11 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

JPEG - 59.4 KB
Pablo Belay resultou finalista dos X Premios EGANET co seu proxecto xeoPesca

Nas últimas semanas está a causar furor a aplicación de mensaxería instantánea Telegram, por aspirar a converterse nunha alternativa sólida a WhatsApp, coa vantaxe de ser unha solución baseada en software libre, o que permite que, entre outras cousas, sexa posible a súa localización, o que está a levar a que sexa posible conseguir o código fonte da aplicación de Telegram para Android en galego grazas ao traballo colaborativo de distintos tradutores, aínda que pode resultar máis rechamante o feito de que o cliente web so servizo, Webogram, estea xa dispoñible en galego nos servidores de Chuza, grazas ao traballo de Pablo Belay, enxeñeiro técnico en Informática de Xestión a quen coñecemos por proxectos como xeoPesca.
Actualmente as aplicacións de Telegram para móbiles están a incorporar o español (estando xa dispoñible para Android e en breve, tamén para iPhone) pero en vista dos traballos de tradución de terceiros é posible que en poucos meses sexa unha ferramenta dispoñible en ducias de linguas grazas ás contribucións desenvolvidas globalmente de xeito altruísta.

JPEG - 57.7 KB
Webogram está xa localizado ao galego grazas ao traballo de Pablo Belay e aos servidores de Chuza

PUBLICIDADE