Televés anuncia o cesamento temporal de actividades en Rusia
venres, 11 de marzo do 2022
Ante os recentes acontecementos que se seguen desenvolvendo no
conflito xeo-político do Leste de Europa, a empresa compostelá
Televés vén de anunciar o cesamento temporal das súas actividades
en Rusia.
Televés
conta con presenza dunha filial de negocio situada no centro de
Moscova, desde a súa apertura no 2014. A filial céntrase na
comercialización de produtos relacionados coa distribución de sinal
de televisión en edificios e fogares nos países da Federación de
Rusia.
O
cesamento de actividades vén motivado, en palabras da compañía
tecnolóxica, “pola imposibilidade de garantir a operativa no
tránsito de material e transaccións financeiras”, polo que
suspende polo momento todas as actividades, comunicando o cesamento
de subministración aos seus clientes en Rusia.
Televés
céntrase agora exclusivamente en velar ao máximo polo benestar dos
seus traballadores da filial.