Televés lidera un proxecto facer avanzar a dixitalización e a sustentabilidade nas Illas Baleares

venres, 5 de marzo do 2021 Redacción

A compañía galega Televés presentou estes días detalles dun proxecto para impulsar o uso de enerxía sustentábel no sector hostaleiro e o sector público das Illas Baleares. O proxecto liderado por Televés chámase Circularidad e Hotel NextGenEU. Segundo explica a empresa de telecomunicacións de Santiago, a iniciativa conta cun forte apoio público-privado (incluíndo ao Goberno Balear, municipios e entidades do sector). O seu obxectivo concreto é transformar tecnoloxicamente establecementos de Balears e edificios públicos de Eivissa en inmóbeis de ceo emisións e altamente eficientes.
Para acadalo, bótase man do concepto de circularidade enerxética, aplicábel non só a un mellor uso da enerxía senón tamén ao autoconsumo (por exemplo a recarga de automóbiles eléctricos).
Na iniciativa Televés conta co apoio de actores colaboradores como son o Consell de Eivissa, as principais cadeas hostaleiras das Baleares (Iberostar, Grupo Piñero, Palladium e RIU) e empresas de referencia na dixitalización e eficiencia enerxética dos hoteis (Televés, AnySolution, Sampol e INETUM), ademais conta co apoio do Goberno Balear, todos os Concellos de Eivissa e as principais entidades do sector turístico balear.
Televés explica que ao abeiro deste proxecto búscase “xerar un efecto tractor sobre o turismo sustentábel, tendo un efecto chamada cara ao resto da cadea de valor do sector turístico, pero tamén cara á administración pública, favorecendo ademais a diversificación económica cara a actividades tecnolóxicas e co obxectivo de converter as illas nunha referencia europea de enerxías limpas.
Para iso, Circularidad e NextGenHotel buscará a modernización do sector turístico e o uso eficiente dos recursos enerxéticos como principais obxectivos, “pondo o foco na oportunidade que supoñen os avances en dixitalización, grazas aos cales lograranse importantes aforros enerxéticos, ademais doutras vantaxes que inclúe a proposta”, explica Televés.

PUBLICIDADE