Tendacultura.com: unha web para agasallar de xeito orixinal a golpe de rato

mércores, 17 de decembro do 2008 Raquel Noya

Libros a 1 euro, libros de coleccionista, obras de consulta, debuxos de coñecidos artistas, vinilos descatalogados ou ata pezas de serigrafía son só algúns exemplos de agasallos que podemos facer este Nadal adquiríndoos comodamente dende a nosa casa tan só a golpe de rato.
Só temos que entrar en Internet e… tachán! a web galega Tendacultura.com ofrece todo isto e moito máis sen ter que acceder a ningún outro sitio.
Este espazo conta coas seccións de libros, arte, música e artistas para facer as delicias dos seus visitantes, aos que lles permite acceder comodamente a tódolos produtos clasificados e ir engadíndoos ao carriño da compra.
Os pedidos realizados en liña a través desta web son enviados contra reembolso aos clientes, co cal, estes non corren ningún risco e poden realizar os seus pagos cando reciben os paquetes na súa casa.
A empresa de paquetería MRW é a encargada de realizar o reparto dos pedidos, que chegan ao seu destino en 24 horas.

Ata o de agora, o ranking de produtos máis vendidos por esta web son:

- Claudio Movilla (Edición en Galego) (Da sección Biografía).

- Galicia. Xeografía, historia e cultura (Da sección Obra de consulta).

- Gatos. (Da sección Outros Libros)