Tesla Technologies contribúe con IA á detección de doenzas e ás investigacións médicas

luns, 2 de decembro do 2024 S. P.

Loiola Ozores, CMO de Tesla Technologies, e Silvia Mancebo, COO

A Intelixencia Artificial (IA) está transformando diversos sectores, entre todos eles atópase o sector sanitario. Hoxe esta tecnoloxía ofrece múltiples solucións innovadoras, como melloras na detección de enfermidades, na xestión hospitalaria ou ata nas investigacións médicas. Así nolo conta a doutora Nieves Martínez Lago, especializada en tumores neuroendocrinos e gastrointestinais, licenciada en medicina pola Universidade de Santiago e cun doutoramento en Investigación Clínica en Medicina.

As aplicacións con IA

Dende Tesla Technologies teñen desenvolvidas varias aplicacións, nas que tamén colabora a doutora Martínez Lago, que teñen como fin, por un lado, axudar aos pacientes que sofren algún destes tumores, ofrecéndolles un rexistro detallado dos seus signos vitais, anotando síntomas e posíbeis efectos secundarios, pondo a disposición dos pacientes a posibilidade de entrar en contacto con outras persoas na mesma situación, e moitas outras funcionalidades pensadas en mellorar a súa calidade de vida.
Por outro lado, Tesla tamén brinda aplicacións que facilitan o labor da investigación médica, axudando a obter resultados máis específicos e tendo en conta múltiples parámetros simultaneamente para a conclusión dos datos.
Estas aplicacións contan con IA, o que facilita a análise da información do paciente sobre a súa enfermidade e melloran a atención grazas a unha maior personalización. Ademais, a incorporación da IA nestas ferramentas tamén optimiza a eficiencia e a calidade dos estudos clínicos, permitindo traballar con datos máis precisos e específicos ao longo de todo o proceso.

A IA aplicada na detección e tratamento de tumores

A doutora Nieves Martínez Lago

Continuando pola liña da IA, a doutora Martínez Lago explica como a inmunoterapia e a teragnose supoñen un gran avance para o tratamento deste tipo de enfermidades. De feito, esta segunda técnica inclúe a utilización de Intelixencia Artificial, en particular da Visión Artificial, para facilitar a análise na realización de probas de imaxe, o cal pode axudar na toma de decisións, na detección dun posíbel tumor e no seguimento do tratamento do paciente.
Profundando sobre as aportacións que a IA podería traer no campo da medicina, a doutora Martínez Lago destaca que este tipo de tecnoloxía axudaría exponencialmente na investigación clínica ofrecendo información adicional, creando correlacións entre parámetros e provocando que os resultados e os procesos das investigacións sexan moito máis eficientes.
Por outra banda, tamén salienta que no caso de lograrse unha xerarquización dos datos a nivel global, a IA podería utilizarse na predición molecular e na toma de decisións sobre casos de tumores.
Como se pode observar, todas estas funcionalidades poden ser implementadas con Intelixencia Artificial. De feito, dende Tesla Technologies están especializados no uso desta tecnoloxía en diversos proxectos, abranguendo áreas tanto do ámbito sanitario, como xa comentamos anteriormente, como do sector público, da educación, da industria, entre outros. “Ao integrar a IA, buscamos algo máis que a automatización de tarefas é dicir, tamén potenciamos a capacidade de innovación e transformación das organizacións que confían en nós”, comentan, engadindo que “agora o noso obxectivo é compartir estes coñecementos cos profesionais galegos que estean interesados neste ámbito por iso temos creados unha serie de cursos relacionados coa Intelixencia Artificial para principios do 2025 (Cursos Tesla Technologies), que axudan e especializan aos profesionais para utilizar a intelixencia artificial en múltiples ámbitos laborais como o que acabamos de comentar”.

Reflexión final

Para finalizar, dende Tesla Technologies e en colaboración coa doutora, resaltan a importancia de formar equipos multidisciplinares que vaian máis aló do ámbito sanitario, incluíndo profesionais con habilidades técnicas que poidan comprender as necesidades dos médicos tanto para tratar cun paciente como para unha investigación clínica. Ante este escenario, é un feito que os perfís especializados nesta área son cada vez máis necesarios, pois contribúen a traballar dunha forma moito máis eficiente, facendo que o proceso tanto de tratamento como de investigación clínica sexa máis preciso e dinámico.