Tesla Technologies, referente internacional TIC, brinda formación avanzada en ferramentas intelixentes

martes, 29 de outubro do 2024 S. P.

Silvia Mancebo e Loiola Ozores, COO e CMO (respectivamente) da empresa compostelá Tesla Technologies

Se por algo destaca a estratexia actual de Tesla Technologies, empresa TIC fundada en 2011 en Santiago de Compostela, é pola súa probada capacidade de innovación e expansión. Con máis de dez anos no sector, traballa cunha ampla gama de empresas e, paralelamente, iniciou un proceso de internacionalización que hoxe en día levouna a países como Arxentina, Reino Unido e Romanía.
Diversificación e crecemento
“En resposta ás demandas do mercado”, o equipo de Tesla Technologies diversificou os seus servizos, destacándose en España en áreas como a consultoría e a Intelixencia Artificial, ámbito que experimentou un crecemento significativo nos últimos anos, impulsado por ferramentas revolucionarias como ChatGPT.
Aplicacións da Intelixencia Artificial
Dende Tesla Technologies lembran que a Intelixencia Artificial ten o poder de optimizar numerosos procesos, desde a xestión de tarefas repetitivas ata o acceso eficiente á información. “Estas melloras non só aforran tempo, senón que tamén permiten que nos concentremos en actividades de maior valor engadido para clientes e cidadáns”, sinalan dende a empresa de Santiago, engadindo que “un claro beneficiario destas solucións é a administración pública”, ámbito no que destaca (e moito) Tesla Technologies. De feito, a empresa colabora con entidades públicas en varios proxectos integrando esta tecnoloxía, co obxectivo de mellorar a satisfacción e experiencia da poboación.
“Grazas ás nosas solucións, facilitamos o acceso á información e servizos sen necesidade de desprazamentos ou esperas en oficinas físicas, beneficiando tanto aos cidadáns como aos profesionais da administración pública, por exemplo, un asistente con IA pode axilizar a busca de información en bases de datos, facendo o proceso máis rápido e eficiente”, sinalan.
A empresa compostelá tamén pon o foco noutra das súas grandes liñas de actividade: a privacidade dos datos. “Trátase dun compromiso que Tesla Technologies ten moi presente e por iso, as nosas solución cumpren sempre coa LOPD e RGPD, e ademais, en referencia á seguridade da información, contamos coa certificación ISO 27001 (Sistema de Xestión e Seguridade da Información), garantindo a protección de datos en todos os nosos proxectos”, sinalan.
Formación e futuro
Dende a empresa recordan que a Intelixencia Artificial está no miolo de moitos dos seus proxectos de desenvolvemento e de adestramento profesional, destacando as aplicacións diversas e adaptábeis da IA en distintos contextos e obxectivos. Para profundar na súa comprensión e uso, Tesla Technologies lanzou un convite a participar nos cursos de formación que impartirá en colaboración co Clúster TIC Galicia durante o curso 2024/25. Estes cursos, totalmente gratuítos, ofrecen unha oportunidade única para especializarse nesta tecnoloxía.
O proceso de inscrición é sinxelo: pódese realizar accedendo mediante o apartado formativo da web da empresa: Cursos Tesla Technologies.
Conclusión
A xeito de conclusión, o equipo da empresa fai saber que “estamos entusiasmados por compartir a nosa experiencia e coñecementos no campo da Intelixencia Artificial, axudando aos profesionais a especializarse e a descubrir o verdadeiro potencial das tecnoloxías intelixentes, e, tamén, levando as múltiples vantaxes da IA a un público cada vez máis amplo”. E engaden: “O noso obxectivo é ofrecer unha visión clara e obxectiva sobre as fortalezas e debilidades desta ferramentas, mostrando como mellorar estas últimas”.
Dende a empresa resumen deste xeito o seu convite a adestrarnos nas tecnoloxías intelixentes: “Coas nosas actividades formativas e vivindo a experiencia de Tesla Technologies podemos descubrir como a Intelixencia Artificial pode transformar a nosa forma de traballar”.